Rubén González volve representar a Pontevedra no certame 'De tapas por Galicia'

A final, na que competirá cos chefs das outras seis cidades galegas, terá lugar o 15 de marzo en Compostela

Rubén González Vallejo, chef de El Cafetín. DP
photo_camera Rubén González Vallejo, chef de El Cafetín. DP

Rubén González Vallejo, chef de El Cafetín de la Alameda, volverá ser o encargado de representar á cidade de Pontevedra na final do concurso De Tapas por Galicia, que terá lugar o martes 15 de marzo en Santiago de Compostela, segundo anunciou onte a organización.

O pontevedrés competirá na sección de Premio Mellor Cociñeiro co prato denominado Mare Nostrum, co que xa gañara o certame Pontedetapas. Turismo de Galicia organiza esta gala showcooking para seleccionar o aperitivo do ano nas provincias galegas.

A proposta da cidade do Lérez é, segundo explica o propio González, unha homenaxe ao mar. Preséntase como un pequeno elemento de océano contido nunha mínima peixeira. Está baseado en produtos como o mexillón e o berberecho, que se amosan acompañados por una selección de algas e de herbas mariñas das rías galegas e tamén doutros espazos mariños, como o ramallo de mar, o carrapucho, a wakame ou a Kombu, con pan mariñeiro, trigo e elementos como o porro, a cebola ou a lima. O toque teatral final é unha escuma de aire mariño.

O prato escollido é unha homenaxe ao mar

Este concurso tiene la intención de promover la creatividad gastronómica de Galicia, principalmente aquella que se presenta en pequeño formato. Esta fórmula, entienden desde la organización, fomenta la dinamización del turismo urbano ofreciendo un atractivo a través del paladar.

O 15 de marzo no Hotel Monumento San Francisco enfrontaranse os gañadores dos concursos das sete cidades galegas, que competirán por dous premios, un deles outorgado por un xurado de profesionais da gastronomía e a restauración e outro que será decidido polo público.

Os competidores do ponteverés serán Daniel Bastos, do restaurante El Italiano Feo (Vigo); Jorge Gago, de A Maceta (Santiago); José Luis Pardo Baamonde de El Boni (Lugo); Pablo Fuentes, de La Bodega de Estrella (Ferrol); Gabi Conde‐Corbal, do Portovello (Ourense); e Álvaro Victoriano, de Intenso Cocina Peculiar (A Coruña).

Comentarios