Chema Sport tamén achegará o dobre dos alimentos que recollan na 'Rara, pero San Silvestre'

Tino Fernández eloxiou o labor da tenda deportiva tanto por "ser un referente do comercio local no eido do deporte" como pola súa solaridade co Banco de Alimentos
El responsable de Chema Sport, Rodrigo Naya, y el edil de Deportes, Tino Fernández. CEDIDA
photo_camera El responsable de Chema Sport, Rodrigo Naya, y el edil de Deportes, Tino Fernández. CEDIDA

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, achegouse este martes á tenda de deportes Chema Sport, situada no número 14 da céntrica rúa Benito Corbal. O edil do PSOE tivo ocasión de felicitar aos seus responsables, Elena Rajoy e Rodrigo Naya, "por manterse ao pé do canón nestes complicados tempos de pandemia e por ser un referente do comercio local no eido no deporte", agradecendo a súa altruísta implicación na campaña solidaria da Rara, pero San Silvestre. "De feito, seguindo o exemplo de Soccerfactory, a firma Chema Sport tamén adoptou a eloxiable decisión de achegar ao Banco de Alimentos o dobre dos produtos non perecedoiros que recollan no marco desta campaña", subliñou Fernández.

El responsable de Chema Sport, Rodrigo Naya, y el edil de Deportes, Tino Fernández. CEDIDA (2)

Tal e como lembrou o socialista, os inscritos na clásica atlética poden retirar ata o 30 de xuño a súa correspondente camiseta nos negocios adheridos á iniciativa solidaria, a cambio dun quilogramo de artigos non perecedoiros. Ademais de Chema Sport, tamén participan na campaña Naturcamiñ@ (situada na praza Peregrina, 3), Miler (rúa Peregrina, 6), Atmósfera Sport Pontevedra (rúa Cruz Gallástegui, 10), Chico's Sport (Galerías Oliva, 14), Aquadance (rúa Fray Juan de Navarrete, 11), El Puerto Bike Work Shop (rúa Domingo de Andrade, 1), Goleada (rúa Fernando Olmedo, 4), Txustta (rúa Peregrina, 66) e Soccerfactory (rúa Cobián Roffignac, 11). Co obxectivo de obrigar aos usuarios a que visiten outros establecementos diferentes dos seus de confianza e coñezan os seus artigos o Servizo Municipal de Deportes decidiu repartir as camisetas por tallas, de xeito que en cada tenda pódense atopar esencialmente elásticas dunha talla determinada.

Comentarios