O ciclo da auga supera o obxectivo da UE ao reducir nun 20% as emisións de CO2

O consumo enerxético no conxunto do ciclo diminuiu nun 35%
Grifo. DP
photo_camera Grifo. DP

O concello de Pontevedra reduciu, entre o 2010 e o 2020, o consumo enerxético no conxunto do ciclo da auga nun 35%. Así, en 2010 precisaba 3.831.000 Kilovatios ao ano para o correcto funcionamento do sistema de abastecemento, mentres que en 2020 este consumo reduciuse ata os 2.501.000.

A tradución deste consumo de enerxía a emisións de CO2, dá como resultado que en 2010 se emitían 923.099 quilos de CO2, mentres que en 2020 estas emisións se reduciron ata os 602.500 (o cálculo das emisións realizouse co coeficiente de equivalencia de 2019, posto que o de 2020 aínda non foi publicado). Deixáronse de emitir, polo tanto, 320.599 quilos de CO2 o que equivale a un bosque de 16.000 árbores, calculado a partires de que unha árbore absorbe entre 10 e 30 quilos de CO2 ao ano. Para este cálculo utilizouse a media de 20 quilos por árbore ao ano.

O Concello sinalou este xoves, a través dun comunicado, que con estes datos Pontevedra supera a meta de funcionamento do ciclo da auga marcado pola Unión Europea, que fixa nun 20% o obxectivo de reudción de emisións. A concelleira Carme da Silva lembrou que este fito foi posible grazas ás melloras realizadas no servizo da auga.

Comentarios