A cidade do Lérez festexa e reivindica con orgullo

Avante LGBT+ Pontevedra organizou este sábado unha festa para celebrar o mes da bandeira multicolor con talleres, DJ e posto de comida co obxectivo de dar visibilidade aos colectivos menos favorecidos no Parque dos Gafos
DENDE A PRAZA DO HOSPITAL manifestacion polo Orgullo Reivindicando a nosa memoria  (_G4A8923.JPG)
photo_camera Manifestación en Pontevedra. GONZALO GARCÍA

A Boa Vila non só amenceu este sábado co astro rei da súa parte, se non que tamén, espertou con gañas de celebración. A capital da provincia aproveitou o día do sábado para festexar, reivindicar e dar visibilidade ás múltiples cores que representan aos colectivos que se daban cita no Parque dos Gafos. A festa estivo amenizada con múltiples actividades da man de Avante LGBT+ Pontevedra.

"Reivindicamos sobre as agresións LGBT+ que aínda existen, os discurso de odio que intentan desplazarnos do ámbito público", explica un dos organizadorses do evento que comezou cunha sesión vermut ás 13.30 horas con timidez e en pequenos círculos de amizades e coñecidos, pero que se foi animando coa música das Dj Llegamos Tarde e máis o posto de comida. "O amor está ben, pero nós queremos ser coa nosa pluma, a nosa forma de ser chamativa", aclara un organizador.

A partir das 14.30 horas comezaba, no mesmo lugar, o Xantar Colorido onde xa se notaba as boas vibracións e os ánimos -e a sombra das árbores-, invitaban a quedar ao resto de eventos que durarían toda a xornada. Un dos máis esperados: o taller drag, onde moita xente aproveitou para aprender e traballar o seu look para os pases finais do día.

"Parece que isto só existe nas grandes cidades e tamén aquí existimos". Este ano, ademáis reivindicouse a memoria histórica "antes de nós había outres" e presentou o libro A defunción dos sexos de Daniela Ferrández que intenta facer unha revisión do que se fixo durante estes últimos 150 anos. "Ver que xa había drags antes en Galicia, incluso, en Galicia é importantísimo para que a xente vexa que isto non é unha moda nin algo novo". Para rematar houbo unha manifestación e unha festa que se prolongará ata a unha da madrugada. Ambas, ateigadas de xente que quería aproveitar o bo clima.

OS REFERENTES DA VILA. Como en calquera loita, os referentes son importantes e, moitas veces, témolos ao lado da casa.

Nee Barros (@neeumatiko) é unha persoa non binaria e todo un referente nas redes sociais galegas que da voz a todos estes temas. "Canta máis educación de diversidade haxa dende todos os puntos de vista máis cambio na sociedade haberá".

Comentarios