'A cidade é a pegada' xa é a mostra máis vista do Pazo

O Concello promove visitas guiadas e obradoiros para dinamizala
Exposición no Pazo. RAFA FARIÑA
photo_camera Exposición no Pazo. RAFA FARIÑA

Preto de 2.500 persoas achegáronse xa ao Pazo da Cultura para coñecer a mostra A cidade e a pegada, desde a súa inauguración o pasado 15 de decemebro. Do éxito da exposición falou o luns a concelleira de Cultura, Carme Fouces, que presentou as visitas guiadas e máis os obradoiros que promove o Concello a fin de dinamizar a mostra. "Podemos dicir que é a exposición máis visitada das celebradas ata o de agora no Pazo da Culltura", manifestou a edil. "Penso que se converteu nun punto de encontro para as persoas que queren coñecer a historia de Pontevedra e recoñecerse en moitas das escenas, lugares e lembranzas que a conforman", engadiu Fouces que louvou o traballo dos profesionais que levaron a cabo a mostra "un equipo de máis de 10 persoas, excelentes profesionais que traballaron nela con moito agarimo e conta cunha iluminación, contexto etc. moi acorde e un espazo moi cambiado con respecto ao habitual", dixo.

A fin de facilitar o percorrido pola mostra, levaranse a cabo unha serie de visitas guiadas arredor da exposición. A concelleira de Cultura tamén comentou que o catálogo será presentado próximamente e "moi probablemente será empregado como agasallo institucional do Concello".

Moi probablemente será empregado como agasallo institucional do Concello"

De man da subcomisaria da mostra, Milagros Bará, ofertaranse directamente aos centros de ensino de Educación Infantil e Primaria un total de 20 visitas guiadas en horario de 10 e 12h que terán lugar os martes 14, 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, os xoves 16 e 23 de febreiro e 2, 9 e 16 de marzo e o mércores 1 de marzo (en lugar do martes 28 de febreiro, non lectivo por mor do Entroido).

Por outra banda, VacíoCero, a xestora formada por Basilisa Fiestras Cachafeiro, Alexandra Rodríguez Rey e María Gar será a encargada das visitas para público adulto e familiar ás que se poderá acceder mediante reserva na plataforma Apuntate. Así, aquelas centradas principalmente en entidades sociais, asociacións, centros socioculturais etc. celebraranse os xoves 9, 16, 23 de febreiro e 9, 16 e de marzo ás 18,30 h.

Para público xeral e familiar as quendas serán os sábados 11 de febreiro, 4 e 18 de marzo ás 18.30 horas e os domingos 26 de febreiro e 12 de marzo ás 12.00 hiras Tamén, xa directamente cos propios centros, concertarán en horario matinal algunhas visitas con alumnado de Artes.

Basilisa Fiestras foi a encargada de presentar o apartado dos obradoiros en torno á exposición que xirarán sobre as catro temáticas sobre as que está construído o proxecto: a infancia, a natureza (a través do río), arquitectura e personaxes.

Estes obradoiros estarán destinados a diferentes públicos e tocarán diferentes disciplinas como a escultura/arquitectura, a fotografía, collage, técnicas de estampaxe, etc., tal e como explicou Fiestras.

A inscrición aos talleres estará a disposición do público desde este martes tamén na plataforma Apuntate, a excepción dun deles que ao estar destinado a adolescentes con interese artística, será ofertado inicialmente e de xeito directo a alumando de Bacharelato de Artes.

Comentarios