Os Cidade de Pontevedra xa reciben candidaturas

Entrega dos Premios Cidade de Pontevedra do 2019. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Entrega dos Premios Cidade de Pontevedra do 2019. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Desde hoxe permanece aberto o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra. As persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no Rexistro do Concello ata o 5 de xaneiro de 2020. As propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos da persoa ou entidade designada.

Os Cidade de Pontevedra teñen dúas modalidades, persoa física e persoa xurídica. O xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano e a proxección de Pontevedra erivada da súa actividade.

Para cada unha das modalidades do premio, física e xurídica, outorgarase un único premio, unha figura de Teucro de prata e un diploma honorífico.

Os candidatos a ámbalas dúas modalidades poderán ser propostos por calquera asociación, institución, entidade ou colectivo do municipio de Pontevedra; sen que poida ningunha delas propoñerse a ela mesma. Ditas propostas serán presentadas no Rexistro do Concello. Nelas sinalaranse tódolos datos posibles do candidato ou candidatos propostos. Deberase adxuntar unha memoria xustificativa que saliente a traxectoria de cada un dos candidatos.

Os premios serán entregados nun pleno extraordinario que ten lugar tradicionalmente o día 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián. Previamente, o xurado reunirase para acordar os gañadores.

Comentarios