Centos de mozos desafían a calor pola festa de peñas

Os menores ateigaron na tarde as rúas da zona vella, mentres que os mozos maiores de idade atrasaron a hora de saída 

Los jóvenes disfrutaron del día de Peñas. JAVIER CERVERA
photo_camera Los jóvenes disfrutaron del día de Peñas. JAVIER CERVERA

A vaga de calor faise notar tamén na festa de peñas, que se iniciou este sábado por ser o primeiro de agosto, aínda que non houbese ningunha corrida de touros. Durante a tarde, as maiores conglomeracións estaban na zona de Santamaría, onde se reúnen habitualmente os rapaces máis novos, mentes que outras como a Praza do Teucro contaban aínda con moi pouca xente a última hora da tarde.

O retraso da festa con respecto a anos anteriores foi notable, probablemente por motivo das altas temperaturas que se rexistraron na cidade. 

Un ano máis, triunfan as camisetas con mensaxes e xogos de palabras relacionados co alcohol como forma de identificar aos distintos grupos de peñistas, e desaparecen cada vez en maior medida os relacionados coas touradas, máxime nunha xornada como a de onte na que non houbo ningunha corrida. Aos xa clásicos xogos de palabras como Ceda el vaso sumáronse as tamén habituais modificacións de nomes de marcas ou películas e series de televisión: Stranger drinks, pola popular serie de Netflix Stranger things; Bimba y Vodka; Beerpool, en alusión a Deadpool, de Marvel; Ceniciega, e outras.

As máis recentes modas e gustos entre a mocidade tamén se fixeron notar nas camisetas de peñas. Así, a música trap estivo presente en lemas como Yung Beefeater, en referencia ao cantante Yung Beef, ou Mírame que mono potando en la limo, unha modificación do éxito de C. Tangana Llorando en la limo.

Tamén destacaron Operación Tequila, co recoñecido logo de Operación Triunfo, ou Fortborrachos, en alusión ao popular videoxogo Fortnite.

A Cruz Roja situou xa ás 18.00 horas unha unidade móbil na Praza de España para atender posibles accidentes ou intoxicacións.

Comentarios