Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O circo, o lume e o teatro tomarán a cidade

Tanque Gurugu de Asaco. ARCHIVO
Tanque Gurugu de Asaco. ARCHIVO

A IX edición de Itinerante celébrase na Boa Vila entre o vindeiro 7 e 9 de agosto

Once espectáculos animarán as rúas os vindeiros 7, 8 e 9 de agosto en Pontevedra. O festival de animación e espectáculos de rúa Itineranta chega á cidade da man de nove compañías nunha programación preparada pola compañía Troula, que tamén amosará o seu espectáculo.

O obxectivo é ofrecer ao público espectáculos interactivos nos que a participación da xente da rúa é un piar básico de cada un dos números. Así o explicou este venres Laura de Gabriel, de Troula, a empresa encargada de deseñar a programación do evento para o Concello de Pontevedra. Deste xeito, a representante da dita compañía e máis a edil de Festas de Pontevedra, Carme Da Silva, presentaron a programación do evento na mañá de este venres. "A xente pode seguir ás compañías no seu percorrido ou esperar na rúa a que vaian pasando cada un dos espectáculos", explicou Da Silva, onte.

Deste xeito, manteranse as tres rutas habituais que están trazadas polo centro da cidade. Por elas desfilarán as compañías que participan no festival amosando os seus espectáculos. Deste xeito, a primeira delas (A) sae da Praza de méndez Núñez e percorre a Praza da Leña ata a da Peregrina. A ruta B sae do Teucro para percorrer o cruce das Cinco Rúas, a Praza de Méndez Núñez e finalizar na Praza de Curros Enríquez. Por último, o terceiro dos itinerarios (C) sae da Praza de España e pasa pola Peregrina e Curros Enríquez.

Os desfiles comezarán ás 20.00 horas e prolongaranse ata a noite. Deste xeito, os primeiros espectáculos estarán pensados para o público máis novo e os últimos xogarán con espectáculos de luz e lume para aproveitar a noite.

Os espectáculos funcionarán como aperitivo antes das Festas da Peregrina, que comezarán o 11 de agosto. Esta é a novena edición dun festival xa "consolidado", tal e como definiu onte Carme Da Silva. Deste xeito, a edil destacou que numerosas persoas chamaron xa ao Concello para preguntar sobre o inicio de Itineranta.

PROGRAMACIÓN

 

  • Abysses de Remue Menage

​A compañía francesa traerá un espectáculo baseado na luz e inspirado no fondo do mar. Percorrerá a ruta C o 7 de agosto ás 22 horas

  • Cavaltheos Foc de Scura Slapts

Son os encargados de pechar o festival o 9 de agosto ás 22.15 na ruta A. Ofrecen un espectáculo de lume e pirotecnia ao estilo valencián. Rematarán na Praza da Ferrería. 

  • Nómadas de Yera Teatro

O grupo granadino mesturará diversas disciplinas circenses como os malabares, os zancos ou os patíns nun espectáculo que percorrerá o itinerario A o 7 de agosto ás 21.00 horas.

forani

  • Banda Foránea de Forani Teatre

Esta agrupación porá o toque musical a itineranta cun percorrido pola ruta B o 9 de agosto ás 20.30 horas. No espectáculo mesturan humor e música

  • A tropa do Doutor Milagre Inventi

Pensada para o público infantil, a performance da compañía viguesa repartirá apócemas máximas entre o público o 9 de agosto ás 20.00 horas pola ruta A. 

  • Tanque Gurugu de Asaco

Tanque Gurugu de Asaco. ARCHIVO

Os artistas de Asaco Producciones chegarán en tanque pero buscan a paz.

O espectáculo de clown percorrerá a ruta B o 7 de agosto ás 20.00 horas. 

O circo, o lume e o teatro tomarán a cidade
Comentarios