O circo e os postres outonais protagonizan unha nova entrega do Ganapán

As actividades están dirixidas a rapaces de entre 4 e 10 anos que deberán inscribirse previamente a través do email [email protected]

Unha das actividades desenvolvidas no Ganapán. RAFA FARIÑA (ADP)
photo_camera Unha das actividades desenvolvidas no Ganapán. RAFA FARIÑA (ADP)

O programa municipal O Ganapán volve esta fin de semana ao Mercado de Abastos de Pontevedra cunha variada oferta de actividades na que se inclúe, dentro do seu Espazo Crea, un taller titulado Había unha vez... Un circo!. Este obradoiro, que se desenvolverá o domingo 7 de novembro, convida aos máis pequenos a pasalo en grande a través das personaxes circenses máis emblemáticas, como trapecistas, malabaristas, equilibristas e, sobre todo, o rei absoluto da pista, o pallaso, ao que lle rendirán deste xeito a súa particular homenaxe.

A iniciativa impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, desenvolverá ademais o sábado 6 de novembro un taller gastronómico no que os rapaces poderán recuperar o recetario da avoa e preparar uns panellets de coco e piñóns, unhas deliciosas pastas tradicionais típicas de Cataluña e Valencia que, aínda que é máis común consumir nas festividade de Todos Os Santos, sentan de marabilla en calquera momento do ano. Tal e como apunta Yoya Blanco, o programa de actividades do sábado completarase con outro obradoiro "no que os nenos e nenas coñecerán unha receita infalible de plastilina caseira moi fácil de elaborar e que só precisa de tres ingredientes, ideal para pasar unha tarde entretida xogando, creano e modelando".

Sábado 6 de novembro

Na oferta prevista para o domingo 7 tamén se contempla outro taller culinario no que se elaborarán unhas irresistibles mazás acarameladas, polo que a concelleira recomenda a tódolos rapaces que non olviden levar a súa friameira para levar a casa todo o que preparen.

Domingo 7 de novembro

Como vén sendo habitual, aqueles nenos e nenas de entre 4 e 10 anos interesados en participar deberán inscribirse previamente a través do email [email protected] ata as 16:00 horas do día anterior ao da celebración dos obradoiros.

Comentarios