Un coche causa danos en varios vehículos estacionados en Pontevedra

A conductora resultou ferida e foi trasladada ao centro hospitalario

Un vehículo bateu contra outro e o efecto rebote causou danos a outros dous coches estacionados na rúa de enlace entre o Xulgado e Eduardo Pondal, en Pontevedra.

Como consecuencia do impacto, a condutora resultou ferida e mesmo parecía necesaria a intervención dos bombeiros para rescatala do interior do turismo. Sen embargo, os servizos sanitarios de urxencia puideron acceder á ferida para estabilizala e trasladala ao centro hospitalario de referencia.

A información sobre este accidente chegou ao 112 Galicia contra as once da noite do martes a través dun aviso dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que estaban enviando unha dotación ao lugar do sinistro.

Pola súa banda, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local.