Cociña con historia e bos produtos para honrar ao sector turístico

A Deputación celebra no Pazo Provincial o Día Internacional do Turismo cun 'showcooking' no que cinco chefs reinterpretaron pratos dos cadernos de receitas das irmás Mendoza conservados no Museo
Gala de turismo de la Deputacion_ con showcooking y otras actividades
photo_camera Un momento do 'showcooking' celebrado este luns no Pazo Provincial. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

"Somos o destino turístico máis potente de toda Galicia e un dos máis potentes do Estado. Temos un sector privado comprometido, serio, que arrisca, que traballa pola calidade e que non se rendeu durante a pandemia". Así o dixo a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na gala que organizou este luns a institución para celebrar o Día Internacional do Turismo.

Gala de turismo de la Deputacion_ con showcooking y otras actividadesNeste acto, conducido pola sumiller Carlota Iglesias (Cabanas, Lalín), o pasado e o presente da gastronomía da provincia uníronse coa axuda de cinco grandes chefs, que reinterpretaron no Pazo Provincial receitas das irmás Mendoza, mulleres adiantadas ao seu tempo e moi comprometidas coa vida cultural e a sociedade pontevedresa de finais do século XIX e principios do XX. A degustación tivo como obxectivo facer un recoñecemento a todo o sector turístico da provincia.

Marcos Cerqueiro e Iago Pazos, de Loxe Mareiro (Carril, Vilagarcía), deron a súa propia sinatura ao Cup Condesa das irmás Mendoza, mentres que Natalia Guzmán (O Refuxio de Merza, Vila de Cruces) reinterpretou a Sopa de hortalizas. Pola súa banda Iñaki Bretal (Eirado da Leña, Pontevedra) fixo o propio coa Merluza en salsa, Elisa (Mamá Lela) actualizou o Lomo con Pementos e José Bértolo de Casa Solla pechou o menú cun Biscoito de chocolate palacio. Os viños da D.O. Rías Baixas acompañaron a degustación, que contou cunha gran representación do sector.

A institución agradeceu o esforzo das e dos produtores e do sector por facer da provincia "un dos destinos máis potentes do Estado"

Ademais de Silva, da deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias; e do director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, asistiron ao evento responsables do Clúster de Turismo, Feprohos, Aviturga, Festivais Rías Baixas, os CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio e da Ruta da Sidra, xunto con produtoras e produtores da provincia.

Gala de turismo de la Deputacion_ con showcooking y otras actividadesA presidenta da Deputación destacou os recoñecementos dos e das chefs dos restaurantes que participaron no showcooking, dous deles con estrela Michelín e varios con soles Repsol e distintivos Sicted, e púxoos como exemplo da excelencia gastronómica da provincia. Tamén agradeceu o traballo de todas as entidades representadas no acto e do director do Museo, institución que garda cinco cadernos de receitas das irmás Mendoza, antigas propietarias do Palacete que leva o seu nome e que hoxe é a sede de Turismo Rías Baixas.

Ademais, Silva estendeu a súa homenaxe a todo o sector no Día Internacional do Turismo, que este ano tivo como lema Turismo para un crecemento inclusivo. "Queremos que este acto sexa un recoñecemento non só as persoas que elaboran os pratos da nosa gastronomía, senón tamén ás produtoras e produtores e a todo o sector, que é fundamental para a nosa economía, que nos convirte nunha referencia internacional", resaltou. "Se houbo un sector que padeceu o impacto da pandemia foi o turístico", pero "con intelixencia, talento e creatividade" as empresas da provincia conseguiron "ser a envexa de todas e todos", asegurou, para reiterar que o territorio pontevedrés ten "o mellor produto do mundo".

Gala de turismo de la Deputacion_ con showcooking y otras actividades

Comentarios