domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

O Colexio de Médicos de Pontevedra, desconforme coa petición de dimisión de Fernando Simón

Fernando Simón. EFE
Fernando Simón. EFE
O organismo pontevedrés subliña que "non entra nunca en valoracións políticas por respecto á pluralidade ideolóxica dos seus membros"

O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra asegurou que "non está de acordo" coas formas nas que se pediu a dimisión do director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, por parte do Consello Xeral de Colexios de Médicos (Cgcom). Así o manifestou nun comunicado remitido aos medios este luns, no que sinala que na orde do día da Asemblea de presidencias de Colexios Médicos de España celebrada o pasado día 13 de novembro non figuraba ningún punto referente á citada dimisión polo que o ente pontevedrés non puido tratar previamente este asunto. 

Dito iso, sinala que, reunida a súa comisión permanente o pasado xoves, decidiron trasladar publicamente que o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra "non entrou nunca a valorar a función, traballo ou declaracións" de Fernando Simón. 
Ademais, o organismo pontevedrés subliña que "non entra nunca en valoracións políticas por respecto á pluralidade ideolóxica dos seus membros". 

"Doutro xeito sería a lexítima defensa de calquera dos nosos compañeiros, á cal nos debemos, nas que, como xa demostramos en numerosas ocasións, chegamos até as máis altas instancias das administracións e da xustiza para o seu mellor apoio", apunta. 

O Colexio de Médicos de Pontevedra, desconforme coa petición de...
Comentarios