O colexio provincial de farmacéuticos premia o labor de ASSEEI

A presidenta do colexio, Alaba Soutelo destacou o labor da organización
Acto de entrega dos galardóns. DP
photo_camera Acto de entrega dos galardóns. DP

O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra vén de entregar á Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEEI) o galardón principal dos II Premios Farmacéuticos a Asociacións de Pacientes polos servizos e apoio que ofrece aos seus asociados.

A presidenta do colexio, Alaba Soutelo, destacou na gala de entrega que a organización está integrada por persoas que traballan pola causa de forma desinteresada e que buscan solucións para que os pacientes vexan atendidas as súas necesidades e teñan igualdade de oportunidades.

Pola súa banda, a presidenta de ASSEEI, Ángela Paz agradeceu o recoñecemento, mentres que Laureano Outeda informou sobre os hándicaps dos pacientes. A entrega do galardón tivo lugar na Toxa, onde tamén se fixo entrega de diplomas aos farmacéuticos colexiados en 2022.

Comentarios