Comeza a instalación do composteiro de San Brais

Trátase dun barrio de 220 habitantes e 108 vivendas unifamiliares que producen algo máis de 83 toneladas de lixo ao ano

O Concello de Pontevedra informou este mércores do inminente inicio da instalación do novo centro de compostaxe no barrio de San Brais entre as rúas da Corva e Santa Lucía. Os traballos comezarán este xoves, unha vez rematada a colocación da base do composteiro de Eduardo Pondal. Nos dous casos, o consistorio precisa que a iniciativa partiu dos veciños, que achegaron sinaturas para solicitar a incorporación destas zonas ao proxecto.

No caso de San Brais, trátase dun barrio de 220 habitantes e 108 vivendas unifamiliares que producen algo máis de 83 toneladas de lixo ao ano. Desa cantidade, arredor de 42 son biorresiduos (sumando os orgánicos domésticos e os restos vexetais). Para o seu aproveitamento facilitaranse, ademáis, composteiros individuais.

Comentarios