Comeza a limpeza das pintadas do Teatro Principal

Os traballos continuarán despois noutros puntos da cidade
photo_camera Un operario limpa unha das pintadas no Teatro Principal de Pontevedra. CONCELLO

A empresa Ferrovial comezou este mércoles a limpeza dos grafitis aparecidos recentemente nos laterais do Teatro Principal de Pontevedra. Os traballos, que están incluídos no contrato que ten o Concello coa compañía, continuarán despois noutros puntos da cidade.

 

Nas últimas semanas apareceron pintadas en varios inmobles de Pontevedra, desde un dos edificios do Museo ao complexo deportivo de Campolongo. Tamén se detectaron nos institutos Valle Inclán e A Xunqueira II e no campus, entre outros lugares.

Comentarios