domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Comeza a redistribución de tráfico en Eduardo Pondal por mor das obras

Cortes de tráfico previstos desde este martes. DP
Cortes de tráfico previstos desde este martes. DP

Cortarase o tráfico no vial de saída da cidade e na rúa Xermán Adrio ▶Os cambios chegarán este mércores a Joaquín Costa e Filgueira Valverde

A rotonda que une Eduardo Pondal, Uxío Novoneira e Gorgullón será obxecto, dende este martes, dunha profunda reforma para ser nivelada e recolocar o paso de peóns con Virxe do Camiño.

Estes traballos obrigarán a pechar algunhas rúas e a realizar cambios substanciais na circulación doutras, polo que o Concello recomenda aos conductores que eviten empregar a zona agás que sexan residentes ou precisen realizar un servizo.

Estas obras están incluídas dentro da reforma da rúa Gorgullón que xa ten rematado o entronque coa rotonda, aínda que se atopa desnivelado.

O propósito do asfaltado é manter o nivel da nova plataforma do Gorgullón con Eduardo Pondal, e tamén recolocar o paso de peóns que unirá Gorgullón con Virxe do Camiño, que estará máis próximo á citada rotonda.

Os traballos desenvolveranse en dúas xornadas: este martes terá lugar o fresado e o mércores o asfaltado. Entre as medidas máis destacadas está o peche do carril de circulación de Eduardo Pondal en sentido saída da cidade; o peche de Xermán Adrio (agás para residentes); e na tarde do miércoles, o cambio de sentido da rúa Profesor Filgueira Valverde e Joaquín Costa (entre Antón Fraguas e Cobián Areal) para garantir o acceso de vehículos de emerxencia á traseira do Hospital Provincial.

As restriccións serán de mañá e de tarde, e unha vez que conclúan os traballos de cada xornada volverase a abrir ao tráfico normal.

O dispositivo de tráfico habilitado para estas obras comenzará ás 9.30 horas deste martes ata as 13.30 e seguirá de 15 a 19.30 horas. Pecharase o sentido dende Augusto García Sánchez cara Eduardo Pondal, e a circulación por Xermán Adrio Sobrido restrínxese e so se permite acceso e saída de garaxes.

Estará permitida a circulación por Eduardo Pondal cara a Praza de Galicia, en contradirección na glorieta. Tamén se manterá aberto o acceso cara a rúa Uxío Novoneira no sentido normal do tráfico. Unhas restricións que o mércores sufrirán algunhas variacións.

Comeza a redistribución de tráfico en Eduardo Pondal por mor das obras
Comentarios