Comeza a renovación do aparcadoiro fronte ao Pavillón Municipal de Deportes

A actuación, segundo informa o Concello, será dividida en dúas fases, coa idea de "evitar perder todas as prazas ao mesmo tempo"
Inicio das obras. RAFA FARIÑA
photo_camera Inicio das obras. RAFA FARIÑA

Este luns comezaron os traballos para restaurar o firme do aparcadoiro de borde situado fronte ao Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.

A actuación, segundo informa o Concello, será dividida en dúas fases, coa idea de "evitar perder todas as prazas ao mesmo tempo". Así, xa está pechada a primeira metade deste aparcadoiro. Unha vez remate todo o proceso de renovación, que inclúe limpeza, desbroces e recuperación do firme, será aberta esta primeira parcela e se continuará traballando na segunda metade do aparcadoiro.

Após a finalización dos traballos manuais, o "novo firme precisa duns días para compactar e así facer que perdure a actuación no tempo". Unha vez remate este proceso, será o momento no que se reinicien os traballos na metade que falte por renovar.