Comezan as obras de reforma de Loureiro Crespo e O Castañal

O marcado dos servicios e as tarefas de demolición preto da Praza do Hospital serán os primeiros traballos que se levarán a cabo
La zona en la que comenzarán las demoliciones. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera La zona en la que comenzarán las demoliciones. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, vén de manter sendas xuntanzas con representantes veciñais e de Loureiro Crespo e do barrio do Castañal para trasladarlles o os criterios de organización dos traballos e do tráfico da reforma urbana do barrio.

Estas obras, que darán comezo o luns, supoñen unha das actuacións máis ambiciosas proxectadas para o centro urbano, cun orzamento de preto de tres millóns de euros e un prazo de execución de once meses.

Gómez trasladoulle aos representantes das asociacións o compromiso do Concello de garantir que as obras teñan o menor impacto posible para os comercios, locais de hostalería e empresas que traballen de cara ao público, en canto estes poidan abrir as súas portas. Así mesmo, asegurou o cumprimento dos protocolos de seguridade e prevención derivados da crise sanitaria da Covid-19 para protexer tanto a saúde dos traballadores da obra como dos veciños da zona.

A este respecto, a organización do traballo en dúas quendas terá en conta as condicións de confinamento das persoas que viven no barrio. Durante a primeira semana procederase á localización e marcado dos servizos e á preparación do traslado da parada dos taxis para Cobián Areal.

Tamén está previsto acondicionar unha parcela para almacén de maquinaria e para acopios e servizos para os propios traballadores.

A partires do 4 de maio, a previsión é dar comezo aos traballos de demolición, comezando polo estremo pegado á Praza do Hospital no treito cara a rúa 12 de Novembro.

Comentarios