jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Comezan as obras de rehabilitación da nova oficina de Tesouraría e Urbanismo

O edificio da rúa dos Ferreiros no que se habilitará a nova sede municipal de Tesouraría e Urbanismo. DP
O edificio da rúa dos Ferreiros no que se habilitará a nova sede municipal de Tesouraría e Urbanismo. DP

O local está ubicado na rúa Ferreiros, e albergará as oficinas municipais de Tesouraría e Urbanismo

O Concello de Pontevedra anunciou este luns o comezo dos traballos de acondicionamento da nova sede municipal na rúa Ferreiros, un local no que se instalarán as oficinas municipais de Tesouraría e Urbanismo, até agora separadas en tres emprazamentos: Michelena, o Teatro Principal e Churruchaos.

As novas dependencias municipais terán unha superficie de 1.328 m2 divididos en dúas plantas: unha de 600 m2 e outra de 728 m2. Neste espazo traballarán 70 funcionarios das áreas de Urbanismo (Disciplina urbanística, Medio Ambiente e Policía Administrativa, Oficina técnica de licenzas e inspección, Oficina técnica de rehabilitación, Servizo de Urbanismo, Planeamento e Patrimonio) e Tesourería (Tesourería, Xestión Tributaria, Contratación tributaria, tributos e inspección).

Trátase, asemade, dunha remodelación que inclúe medidas para aforrar enerxía: "Adóptanse estratexias do que se vén en chamar Arquitectura Pasiva para conseguir unha cualificación enerxética de proxecto tipo 'A', a mellor das posibles", sinalan dende o Concello.

Esta obra conta cun orzamento superior aos 1'2 millóns de euros, e a executará a UTE Prace-San Emeterio, nun prazo máximo de seis meses. O proxecto está financiado polos gobernos local e provincial de Pontevedra.

Comezan as obras de rehabilitación da nova oficina de Tesouraría e...
Comentarios