Compromiso promete traxectos subvencionados de taxi en rutas rurais

As rutas, que estaría preestablecidas, centraríanse en traxectos con pouca demanda onde o bus resulta altamente deficitario

Núñez Rajoy a bordo dun taxi. DP
photo_camera Núñez Rajoy a bordo dun taxi. DP

Seguindo unha vella demanda dos condutores de taxi, que lamentan o agravio comparativo co transporte en autobús no referido a subvencións, o candidato á Alcaldía por Compromiso por Galicia, Andrés Núñez Rajoy, propuxo este lunes que os traxectos en bus con pouca demanda sexan complementados por taxis compartidos. Na busca da eficiencia, estes traxectos en taxi, que estarían preestablecidos, serían subvencionados polo Concello, e solicitaríanse por teléfono ou mediante unha aplicación móbil. O usuario só pagaría o equivalente á tarifa de autobús. "O custo, para cubrir a demanda sería duns 40.000 euros anuais e axudarían principalmente ás persoas con menos mobilidade", afirmou Núñez Rajoy, mencionando un estudo preliminar realizado por membros do gremio taxista.

Entres as rutas incluiríanse os traslados a Montecelo e aos edificios administrativos de Campolongo desde o rural. Este servizo priorizará as persoas con revisións periódicas e a aquelas que teñan mobilidade reducida e lles sexa dificultoso acceder a unha parada de autobús.

No tocante á xestión, Andrés Núñez Rajoy propón a creación dunha aplicación semellante á que ofrece o servizo Blablacar para traxectos privados. Nela os usuarios poderán ver as rutas e os horarios e solicitar as paradas. O plantexamento é que, ao tratarse dun coche, este poida chegar a todas as casas, sen depender dunha marquesiña.

A proposta do taxi subvencionado enmárcase dentro do plan de transporte comarcal que propón CxG. Este inclúe chegar a un acordo coa Xunta no relativo aos traslados en autobús. "Debemos poñer os medios para que o transporte comarcal e urbano funcionen, xunto co taxi, dun xeito integrado, servindo como buses interurbanos e tamén como urbanos cando chegan á cidade", di o candidato.

Comentarios