Comuneiros de Mourente ameazan cos xulgados pola obra do Gran Montecelo

A Consellaría de Sanidade "non se dignou a dar resposta á oferta da Comunidade e nin sequera estableceu ningún contacto con ela", explicaron este lunes os afectados
Vista do hospital de Montecelo. ADP
photo_camera Vista do hospital de Montecelo. ADP

 A licitación das obras do Gran Montecelo, o anuncio do inicio das obras en maio e o anuncio publicado recentemente no DOG para o inicio da expropiación dos novos accesos ao Hospital indican que o proxecto para a construción do Gran Montecelo segue en marcha sen que os comuneiros de Mourente chegaran a un acordo coa Xunta sobre os terreros no que se asenta a insfraestrutura.

A Consellaría de Sanidade "non se dignou a dar resposta á oferta da Comunidade e nin sequera estableceu ningún contacto con ela", explicaron este lunes os comuneiros nun comunicado, asegurando sentirse "burlados e desprezados". Así, a Comunidade de Montes explicou que, de non obter resposta nos próximos días a esta última oportunidade de negociación, está disposta a acudir aos tribunais para reclamar da Xunta de Galicia a regularización desta situación. Co mesmo xeito, estuda mobilizacións no inicio das obras de construción do Gran Montecelo, previstas para o vindeiro mes de maio.

A Comunidade de Montes de Mourente presentou xa un escrito perante a Consellaría de Sanidade no que reclama a celebración dunha reunión urxente para a resolución das negociacións sobre os terreos do Hospital Montecelo. Este escrito preséntase cando xa leva transcorrido máis dun ano desde que a administración sanitaria quedara en darlle unha resposta á proposta da Comunidade de Mourente do establecemento dun canon para regularizar a situación dos terreos nos que se asenta o Hospital e cando están a punto de iniciarse as obras de ampliación do mesmo.

No seu escrito, a Comunidade de Montes de Mourente recórdalle á Xunta que representantes da Consellaría de Sanidade mantiveron o 11 de febreiro de 2020 unha reunión coa Xunta Reitora da Comunidade na que expresaron que estaban dispostos a escoitar as condicións dunha posible cesión de uso se incluían a garantía xurídica que dese cobertura ás obras de renovación do actual Hospital. Os representantes dos comuneiros adiantaron unha oferta provisional que foi cualificada de "aceptable e interesante" polos representantes da Consellaría e comprometéronse a dar resposta en poucos días. Desde aquela, os comuneiros aínda non tiveron unha resposta.

Comentarios