A Comunidade de Montes de Lourizán denuncia as "escandalosas verteduras" no monte Catadoiro no límite entre Lourizán e Salcedo, onde se verteu un camión de voluminosos con restos de mobles, portas, electrodomésticos e calefactores no medio dunha pista forestal.
A esta vertedura hai que sumarlles varios puntos reiterados de vertidos de neumáticos de coches, que se están a producir de forma constante, en máis de 3 puntos con máis de 20 rodas cada un, segundo afirman os comuneros de Lourizán.