A Concellería de Deportes distribúe 1.500 máscaras reutilizables entre entidades sociais

Enmascárate

A Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde fixo chegar 1.500 máscaras de protección reutilizables a entidades sociosanitarias no marco do programa Enmascárate. Antes xa se repartiran 4.500 para alumnos de Primaria e 1.100 dípticos explicativos entre os centros escolares de Pontevedra.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, explica que xa recibiron as máscaras a Asociación Galega de Linfedema (Aglinfedema), a de Amigos da Pontevedrada (Asampo), a de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes (Anedia), a de Celíacos de Galicia, o colectivo Down Xuntos, Juan XXIII, Amencer-Aspace, a Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade de Pontevedra (Adahpo), a de Persoas Xordas de Pontevedra e a Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Asseii).

As proteccións do programa Enmascárate tamén chegaron aos centros de educación infantil e primaria Cabanas-Salcedo, A Carballeira-Lourizán, Froebel, Daría Portela, San Benito de Lérez, Ponte Sampaio, Marcón, Campolongo, Álvarez Limeses, Manuel Vidal Portela, Parada-Campañó e Santo André de Xeve, o CEP Marcos da Portela e as EEI Fina Casalderrey e Verducido.

Díptico de Enmascárte

Comentarios