O Concello entrega 1.000 mochilas e 500 bolsas de tea ao alumnado de Pontenciencia

Tino Fernández visitou o seu antiguo colexio, o CEIP San Martiño de Salcedo, e asistiu á exposición dun dos traballos do evento
Fernández, entregando as bolsas. EP
photo_camera Fernández, entregando as bolsas. EP

A concellería de Educación repartiu 1.000 mochilas e 500 bolsas de tea entre o alumnado participante en Pontenciencia. O concelleiro e tenente de alcalde Tino Fernández achegouse este xoves ata o CEIP San Martiño de Salcedo, a súa antiga escola, para participar na distribución do material e examinar a exposición dun dos traballos presentados polos alumnos, titulado Ese gran descoñecido: o aire. 

As bolsas e as mochilas contan cun deseño exclusivo de Polo Correo do Vento. Ademais, Educación distribuíu tamén uns 200 libros da biografía de Ricardo Carvalho Calero e da colección Mulleres Galegas (Xela Arias, Matilde Bares, Filomeno Dato...) para as bibliotecas dos centros. 

O concelleiro felicitou ao alumnado do CEIP San Martiño. "Eu fun alumno deste colexio hai moitísimos anos, cando non había Pontenciencia, e o certo é que é unha ledicia regresar aquí e ver que hai alumnos tan preparados como vós", indicou.

Comentarios