Viernes. 24.05.2019 |
El tiempo
Viernes. 24.05.2019
El tiempo

O Concello de Pontevedra abre o prazo para inscribir as fogueiras de San Xoán

Unha cacharela de San Xoán o ano pasado. DAVID FREIRE
Unha cacharela de San Xoán o ano pasado. DAVID FREIRE

Os interesados poderán anotarse ata o 18 de xuño, ás 13.00 horas

O Concello de Pontevedra abre o prazo para a inscribir as fogueiras de San Xoán polo que, un ano mais, fai públicas as normas de obrigado cumprimento para a queima das cacharelas que terán lugar a noite do 23 do mes de xuño.

O obxectivo destas normas e garantir a protección e seguridade no municipio en conciliación co lecer da veciñanza. O prazo de inscrición finaliza o 18 de xuño ás 13.00 horas.

As normas ás que terán que axeitarse a instalación e queima das fogueiras son as seguintes:

-Presentación no rexistro xeral do Concello da solicitude de celebración da fogueira, antes do próximo día 18 de xuño ás 13.00 horas, facendo constar os seguintes datos das persoas que organizarán o acto e faranse responsables do mesmo: nome e apelidos, D.N.I.,enderezo e coñecemento do teléfono do Servizo Municipal de Extinción de Incendios 080, Policía Local 092 e Protección Civil 986 871 188, compromiso de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude do seu número.
Coa documentación achegarase copia do D.N.I. dos responsables.

-As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ós edificios e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Nun área de diámetro similar ó pau central da fogueira non poderán concentrarse os asistentes á festa. 

-Os materiais a empregar na combustión serán leña, polas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os neumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con P.V.C. en xeral, e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera tipo de
substancia explosiva. Lémbrase que un bote de aerosol, aínda baleiro, pode orixinar unha explosión importante. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.

- Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.

- A organización terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros.

O Concello de Pontevedra abre o prazo para inscribir as fogueiras...
Comentarios