sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

O Concello acomete a rexeneración integral do parque de Valdecorvos

Imaxe dunha das máquinas traballando na zona. DP
Imaxe dunha das máquinas traballando na zona. DP
A inversión supera os 50.000 euros

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural do Concello de Pontevedra inspeccionou este mércores a marcha dos traballos do proxecto de rexeneración integral do parque, as sendas e pasarelas de Valdecorvos, nos que este departamento municipal investirá máis de 50.000 euros.

Segundo explica o responsable da área, o socialista Iván Puentes, en paralelo á renovación dos camiños e á reposición dos elementos de madeira, "acaban de poñerse en marcha os movementos de terra e actuacións previas que permitirán dotar a este contorno dun fermoso miradoiro". A obra forma parte dunha estratexia de recuperación de espacios de especial atención medioambiental.

O Concello acomete a rexeneración integral do parque de Valdecorvos
Comentarios