lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

O Concello de Pontevedra acorda unha redución da taxa de veladores

Gente en terrazas. RAFA FARIÑA
Gente en terrazas. RAFA FARIÑA
Dita rebaixa será do 31,5% e en termos absolutos supón unha diminución de máis de 65.000 euros nos ingresos do Concello en materia de taxas
A concelleira Carme da Silva, que actuou esta mañá como voceira do Goberno, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou unha redución da taxa anual de veladores do 31,5%. O cálculo foi realizado polos servizos económicos municipais que tiveron en conta o período de parón total da actividade durante o estado de alarma e os posteriores períodos de apertura, primeiro co 50% da ocupación, seguido do 75% e do 80% que operará ata final de ano.

A concelleira asegurou que "é un cálculo moi complexo porque se fai zona por zona, porque non todas as zonas teñen a mesma taxa, teñen coeficientes correctores en función da zona e foi necesario analizar caso por caso". A media resultante destes cálculos responde co 31,5% de rebaixa que será aplicado nos recibos que se pasarán ao cobro entre o 17 de agosto e o 19 de outubro.

Por últmo, informou que esta redución supón unha rebaixa en termos absolutos de máis de 65.000 euros nos ingresos que o Concello ten en materia de taxas

O Concello de Pontevedra acorda unha redución da taxa de veladores
Comentarios