O Concello anima a mercar no comercio local este Nadal coa campaña 2x1

A promoción vai dirixida aos Reis Magos e a Papá Noel, aos que se lles pide que merquen os agasallos no comercio local "para reforzar a economía de toda a comarca"
Ambiente festivo na cidade esta semana. DAVID FREIRE
photo_camera Ambiente festivo na cidade esta semana. DAVID FREIRE

O Concello de Pontevedra, coincidindo co inicio do Nadal, inicia unha campaña de promoción e visibilización do comercio local para que os cómplices e paxes do Apalpador, papá Noel e dos Reis Magos fagan as súas compras na Boa Vila.

A campaña leva o título '2x1: Cada agasallo mercado no comercio local de Pontevedra vale por dous' porque fai feliz á persoa que recibe o agasallo e mellora a economía de toda a cidade. A Concellería de Promoción da cidade que xestiona Anabel Gulías iniciou a campaña cunha distribución de cartelería nos establecementos comerciais e de folletos entre a veciñanza.

En concreto, distribúesen 27.000 flyers oficiais da campaña en todas as vivendas de Pontevedra, tanto no casco urbano como nas parroquias a través do servizo de Correos.

A campaña vai dirixida aos Reis Magos e a Papá Noel na que se lles pide que merquen os agasallos no comercio local "para reforzar a economía de toda a comarca". Logo dunha longa viaxe por todo o mundo, recórdalles que mercar en Pontevedra "todo son vantaxes" xa que "é todo máis ecolóxico e cómodo". Ademais "axudadesa autónomos e pequenos comercios que fan que esta sexa unha cidade viva e marabillosa para vivir e visitar".

A iniciativa do Concello refórzase con actividades en todos os barrios cun programa que leva por título "Merca no barrio" e que comezará a partir do día 16 en toda a cidade. O Mercado de Abastos tamén está incluído ao incluír o Mercado creativo e o Ganapán que comezan a súa actividade o 22.

Na Parda e na rúa San Antoniño haberá unha acción singular para dinamizar as compras nestes barrios.

Comentarios