O Concello de Pontevedra sacará a concurso 28 novas prazas de emprego público este ano 2021. Foi un dos asuntos tratados e aprobados na Xunta de Goberno deste luns, e dos que deu conta a portavoz do Goberno, Anabel Gulías. Do total das prazas, 20 serán de libre acceso e e 8 estarán destinadas para promoción interna.
"Trátase dun adianto da totalidade da oferta pública para o 2021, que se complementará con outra oferta, máis adiante, unha vez a Concellaría de Persoal do Concello de Pontevedra ultime os últimos detalles, amosando a súa aposta firme por modernizar a Administración, dotándoa de recursos humanos eficientes e eficaces", explicou Gulías.
As 28 prazas escollidas para a súa saída pública son as seguintes:
Escala de Administración Xeral
- 1 Técnico A1 de oposición libre (L)
- 6 Administrativos (5 promoción interna (P) e 1L)
- 2 Auxiliares (1L e 1P)
- 4 Subalternos (L, mais tres das prazas irán destinadas a persoas con diversidade
- funcional, "era un compromiso deste mandato", tal e como sinalou a portavoz, "crear
- este tipo de postos especiais na medida das nosas posibilidades")
Escala de Administración Especial
- 1 Técnico de Infraestruturas culturais (L)
- 2 Aparelladores-Arquitectos Técnicos (2L)
- 1 Inspector (P)
- 1 Oficial de Policía Local (Mobilidade Horizontal, cuberta por axentes doutros Concellos)
- 5 Policías (5L, fará o proceso de selección a Academia Galega de Seguridade)
- 2 Sepultureiros (1L, 1P)
- 3 Operarios (3L)