O Concello celebra a Mesa Xeral de Negociación para 'funcionarizar' o persoal laboral

Con esta convocatoria, o goberno local recolle unha das reivindicacións máis demandadas polo cadro de persoal

Fachada de la Casa Consistorial de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Fachada de la Casa Consistorial de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello celebra este luns a Mesa Xeral de Negociación para iniciar os trámites para funcionarizar e estabilizar o persoal laboral municipal, en aplicación da Lei 20/2021 de medidas urxentes para redución da temporalidade no emprego público. Este será o único asunto da orde do día.

Dacordo coa documentación que se lle remitiu á parte sindical, no Concello de Pontevedra hai 17 postos de persoal laboral fixo e 21 de persoal indefinido. O propósito deste proceso é dar estabilidade a este persoal que, en moitos casos, vén realizando as súas funcións dende hai anos. E será na reunión da Mesa Xeral de Negociación onde se fixen os criterios do proceso de funcionarización.

Con esta convocatoria, o Concello recolle unha das reivindicacións máis demandadas polo cadro de persoal. De feito, foi solicitada polo Comité de Empresa o 16 de marzo.

Precisamente por terse pedido pola parte sindical, por tratarse dun asunto de grande impacto laboral e por ter acordo unánime das forzas sindicais con representación no Comité de empresa, o Concello espera que asistan todos os representantes da Mesa.

Comentarios