jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

O Concello dotará ao colexio de Barcelos dun novo acceso e unha horta escolar

Reunión celebrada entre Tilve, Fernández e Puentes. DP
Reunión celebrada entre Tilve, Fernández e Puentes. DP
A Concellería de Educación aproveitará a retirada do transformador eléctrico para crear un novo itinerario accesible ▶ Revisará o estados dos baños e mellorará a eficiencia enerxética

A Concellería de Educación aproveitará a retirada do transformador de Fenosa da entrada do CEIP Barcelos para dotar ao centro escolar dun itinerario accesible. A proposta foi plantexada este venres nunha reunión que mantiveron os concellerios de Educación e Desenvolvemento Sostible, Tino Fernández e Iván Puentes, coa presidenta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos O Galo, Axa Tilve.

O primeiro aproveitou o encontro para explicarlle á voceira da Anpa o estado dos trámites burocráticos que levarán ao traslado do devandito transformador. Así, explicou que o Concello vén de acadar un acordo con Fenosa que deixa vía libre para que os servizos técnicos municipais poidan elaborar o prego de condicións para contratar o deseño do proxecto e execución das obras conforme ás indicacións da eléctrica.

O edil de Educación garantizoulle a Tilve que a Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas e Enxeñería (OTMAIES) axilizará ao máximo os trámites burocráticos para que o transformador quede soterrado fóra do colexio e deixe de supoñer un perigo para os nenos. "Será cuestión duns meses –asegurou– e aproveitaremos a ocasión, unha vez que se retire, para mellorar as condicións da entrada ao CEIP Barcelos e dotalo dun itinerario accesible".

Fenosa xa enviou unha proposta orzamentaria para o traslado do transformador, que contempla una actuación eléctrica por valor de 20.000 euros (que correría a cargo da empresa) e unha obra civil valorada en 130.000 euros, que será asumida polo Goberno local.

Segundo as previsións, o transformador será situado baixo terra frente ao colexio, fóra da zona de traballos que actualmente está executando o Concello na calle Rouco.

OBRAS COMPLEMENTARIAS. Fernández tamén se comprometeu coa Anpa a mellorar a deseñar un proxecto de mellora da eficiencia enerxética no centro educativo, así como a revisar o estado dos baños infantís, de cara a realizar actuacións de reforma nos mesmos.

Outra das propostas que xurdiu da reunión foi a posible creación dunha horta escolar nunha zona verde anexa ao parque de xogos infantís de Barcelos (entre o vial de acceso ao colexio e ao centro médico de Adeslas e o que dá ao muro do convento de Santa Clara). Tal e como explicou Iván Puentes, esta horta enmarcaríase dentro dun "plan de ordenación e racionalización deste tipo de cultivos participativos" que o servizo municipal de Medio Ambiente está a deseñar en colaboración coa Concellería de Educación.

Dez meses despois do incendio
O detonante do traslado do transformador foi o incendio rexistrado na infraestrutura o pasado 11 de decembro, que obrigou a evacuar o colexio e que provocou a mobilización da comunidade educativa para esixir (en varias ocasións) o seu traslado fóra do recinto escolar. O Goberno galego autorizou a operación o pasado mes de xuño.

O Concello dotará ao colexio de Barcelos dun novo acceso e unha...
Comentarios