O Concello de Pontevedra engade outros 165.000 euros a combater as consecuencias da covid

O departamento municipal de Benestar Social modificará os Orzamentos Xerais do 2020
Paloma Castro. DP
photo_camera Paloma Castro. DP

A concellería de Benestar Social, dirixida pola socialista Paloma Castro, atopouse na obriga de facer fronte con fondos propios aos gastos excepcionais que provocou a pandemia. Según palabras da propia concelleira, os 165.000 euros destinados a paliar as necesidades do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a atención de emerxencias sociais e a colaboración co Banco de Alimentos serán habilitados na vindeira modificación de crédito.

O bipartito ten previsto nutrir e reforzar algunhas aplicacións orzamentais que Benestar Social ten asignadas e que voltáronse todavía máis fundamentais a causa da crise da covid-19.

O desglose, pola súa parte, efectuarase de xeito que 100.000 euros destinaranse á achega económica ás emerxencias sociais, 50.000 adicaranse as partidas destinadas a asumir os gastos do SAF e os programas de benestar social municipal e os 15.000 euros restantes, a súa vez, modificarán o crédito consignado inicialmente a un convenio coa Cruz Vermella, que agora dirixirase a un convenio de colaboración coa Fundación Provincial Banco de Alimentos para o desenvolvemento dun programa de atención ás familias sen recursos.

Castro tamén se refiriu a outra modificación orzamentaria que o equipo de Goberno levará á Comisión de Facenda nos próximos días, xunto ás xa comentadas. Esta modificación será proposta co obxectivo de acadar unha transferencia de crédito para a provisión do servizo de recollida de cans abandoados, por valor de 10.000 euros. Dita axuda, de conseguirse, triplicaría o orzamento de 5.000 euros co que se contaba ata agora para chegar a este fin.

A axuda neste área, apuntou a cconselleira responsable de Benestar Animal, é necesaria e urxente. A recollida de cans potencialmente perigosos, os problemas de saúde que poderían derivar se houbese un número excesivo de animais circulando polas rúas, así como a grande dificultade de calcular a cantidade de cans que haberá que recoller ao longo do ano, foron as problemáticas que levaron á solicitar esta transferencia.

Comentarios