lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

O Concello e Os Palleiros firman un convenio para coidar cans e outros animais

Instalacións de Os Palleiros. DP
Instalacións de Os Palleiros. DP
A entidade municipal aportará 35.000 euros anuais durante os dous próximos anos

O Concello de Pontevedra aprobou, en Xunta de Goberno, un convenio de colaboración coa asociación Os Palleiros, que servirá para desenvolver o servizo de coidado de cans e outros animais extraviados no refuxio de Campañó. 

O convenio estenderase ata o 31 de decembro de 2022, segundo explicou o concelleiro de Benestar Animal Marcos Rey.

"O Concello comprométese a achegar a Os Palleiros unha contía de 35.000 euros anuais, dividida en catro pagos trimestais de 8.750 euros", asegurou o edil, que explicou que a entidade municipal tamén se fará cargo da execución "daquelas obras que sexan necesarias para garantir a axeitada utilización das instalacións municipais".

O convenio recolle que o Concello e Os Palleiros desenvolverán conxuntamente unha serie de actividades educativas e de sensibilización. Pola súa banda, o colectivo animal farase cargo da custodia e coidado dos cans, que poden ser entregados polos servizos municipiais ou polos cidadáns. 

"En base ao convenio aprobado hoxe, o destino prioritario dos animais domésticos abandonados no centro municipal será a adopción, quedando expresamente prohibida a súa venda, cesión ou doazón, e comprometéndose a asociación a fomentar a adopción e a desenvolver actividades de concienciación e sensibilización a prol do acollemento de cans e contra o maltrato e o abandono animal", concluiu Marcos Rey.

O Concello e Os Palleiros firman un convenio para coidar cans e...
Comentarios
ç