martes. 11.05.2021 |
El tiempo
martes. 11.05.2021
El tiempo

O Concello habilitará dous novos aparcadoiros en Valdecorvos e na Parda

Vehículos estacionados en uno de los aparcamientos disuasorios de la ciudad. BEATRIZ CÍSCAR (ADP)
Vehículos estacionados nun dos aparcadoiros disuasorios da cidade. BEATRIZ CÍSCAR (ADP)

Ambos poderán acoller entre 300 e 400 vehículos e estarán operativos este mesmo ano

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, anunciou na mañá deste xoves que Pontevedra incrementará o volume de prazas de aparcadoiro no bordo da cidade co acondicionamento de dúas novas parcelas de titularidade municipal, situadas en Valdecorvos e na Parda. Trátase, no caso de Valdecorvos, dunha parcela situada entre a rúa das Fragas e a rúa Prado Novo, e na Parda da parcela situada detrás da estación do tren, que abranque deste a rúa Otero Pedrayo e ata a rúa Tomás y Valiente.

Aparcadoiros de bordo. CONCELLO

Deste xeito, dáse solución, segundo indicou Demetrio Gómez, "a unha eiva que afecta á zona leste e sueste da cidade, que ten menos prazas de aparcadoiro de bordo que as que temos nas zonas norte e na oeste".

"Pontevedra a día de hoxe conta coa mellor rede de aparcadoiros de bordo que existe en toda Galiza e en todo o Estado"

O concelleiro situou a solución desta eiva no incremento das aproximadamente 2.100 prazas de aparcadoiro existentes ata as 2.500 que se conseguirán ao sumar estas dúas parcelas e puxo en valor que "Pontevedra a día de hoxe conta coa mellor rede de aparcadoiros de bordo que existe en toda Galiza e en todo o Estado". Neste sentido, asegurou que "é a mellor rede tanto polo número de aparcadoiros que existen como polo seu carácter de rede, e que ademais se integra co modelo de mobilidade que ten Pontevedra e pola que acaba de ser premiada na Unión Europea".

Segundo a previsión apuntada por Demetrio Gómez, estas dúas novas parcelas, que incorporarán entre 300 e 400 prazas entre ambas, estarán operativas no último trimestre do ano. O edil explicou que xa se realizaron os primeiros estudos previos, tanto a nivel urbanístico como técnico, que indican que as parcelas poden ser utilizadas para este fin e que a vindeira semana xa se dará paso aos estudos de campo. Isto implica que se comezará coa limpeza das parcelas e se estudarán en profundidade cuestións como o volume de vehículos que pode acoller cada unha ou a ubicación das entradas e o proxecto que precisan.

En canto aos accesos, adiantou que, en principio, se procurará que a parcela da Parda teña a entrada de vehículos pola rúa Otero Pedrayo e que dispoña dunha conexión peonil coa rúa Tomás y Valiente.

O Concello habilitará dous novos aparcadoiros en Valdecorvos e na...
Comentarios
ç