martes. 27.10.2020 |
El tiempo
martes. 27.10.2020
El tiempo

O Concello inicia as obras de reforzo da prioridade peonil na contorna da Alameda

Traballos na contorna da Praza de España, este xoves. CONCELLO
Traballos na contorna da Praza de España, este xoves. CONCELLO

Na zona ubícanse diversos servizos e espazos con gran afluencia de persoas como o ambulatorio Virxe Peregrina, a parada de taxis, a facultade de Belas Artes ou a Praza de España

As obras de reforzo da prioridade peonil nos viais da contorna da Alameda e do edificio da Subdelegación do Goberno deron comezo na mañá deste xoves.

Trátase dunha actuación enfocada principalmente a garantir os circuítos peonís nesta área, na que se ubican diversos servizos e espazos con gran afluencia de persoas como son a propia Alameda, o centro médico Virxe Peregrina, a parada de taxis, a facultade de Belas Artes ou a Praza de España.

En palabras do concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, esta é unha obra de "precisión cirúrxica coa que se mellorará a seguridade viaria, a accesibilidade e se garantirá a preferencia peonil nas plataformas únicas que existen nesta contorna".

Está previsto que no tramo da rúa Alameda, entre a rotonda de San Roque e o centro médico Virxe Peregrina, se reorganice toda a zona de estacionamento. Deste xeito, alongarase a parada de taxis, que quedará no mesmo lugar que ocupa actualmente, seguido dunha zona de estacionamento destinada a uso da Universidade, e en terceiro lugar ubicaríanse as prazas de aparcadoiro para motos. Neste tramo de rúa tamén se reforzará a seguridade viaria coa instalación dun redutor de velocidade á altura da parada de taxis.

Pola súa banda, na contorna do edificio da Subdelegación do Goberno a actuación irá encamiñada a mellorar a accesibilidade e a protexer os circuítos peonís ante certos problemas de convivencia con vehículos que se detectaron nalgúns puntos. Nesta área procederase á reposición de pavimento e á instalación de bolardos tanto nun lateral do edificio, na rúa Doutor Enrique Marescot, como na parte traseira, na rúa Prudencio Landín Tobío. Así, a instalación de bolardos nestas dúas rúas evitará situacións detectadas con vehículos que estacionaban invadindo o espazo público destinado a peóns, de cara a reforzar a prioridade peonil coa que foron concibidas estas plataformas únicas.

O Concello inicia as obras de reforzo da prioridade peonil na...
Comentarios