Comeza a conta atrás para celebrar San Valentín, unha data na que cada ano soe incrementarse o Pontevedra. Co obxectivo de que estas ventas axuden a impulsar o comercio de proximidade, o Goberno local presentou na mañá deste luns unha campaña de promoción económica.
A edil responsable desta área, Yoya Blanco, anunciou que o vindeiro 14 de febreiro, o Concello instalará unha diana do amor na Praza da Peregrina. Nela sortearanse 50 vales de 50 euros, así como tamén un centenar de rosas vermellas.
"A xente que merque no pequeno comercio, unha cantidade igual ou superior a 15 euros poderá ir co ticket ata alí e terá a opción de tirar na diana", explicou a concelleira socialista.
O único requisito para participar nesta iniciativa é que o ticket que se presente pertenza ao comercio local, "aquí entran un total de 500 establecementos, incluidas as perruquerías e os centros de uñas. O único que non entra son os bazaares, as grandes superficies, as tendas de alimentación ou as franquicias", avanzaron dende o Concello.
O Goberno local repartirá dende este luns diferente cartelería da campaña nos comercios da cidade co obxectivo de achegar así este proxecto a todos os pontevedreses.
O horario para tirar un dardo na diana do amor o vindeiro día 14 será de 11.00 a 19.00 horas.