O Concello de Pontevedra deixará de formar parte da Fundación Montecastrove

Gulías aclara que isto non supón o fin das relacións coa entidade, coa que agardan seguir colaborando no futuro ► "Apenas temos participación activa nos órganos de goberno", sinala a portavoz
La portavoz del Concello, Anabel Gulias. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Anabel Gulías. BEATRIZ CÍSCAR (ADP)

O Concello de Pontevedra tomou na súa última Xunta de Goberno tomou a decisión de iniciar un expediente para renunciar a seguir sendo membro da Fundación Montecastrove. A portavoz do Goberno, Anabel Gulías, sinalou que esta renuncia é unha "renuncia formal" no sentido estrito, pois nos últimos anos, o Concello apenas tivo presencia dentro da Fundación.

A relación entre a institución local e a Fundación foi iniciada no ano 1997, momento en que o Concello fai unha única aportación de máis de 3 millóns de pesetas, mantendo logo, no tempo, unha boa relación até o día de hoxe.

Porén, "apenas temos participación activa nos órganos de goberno", sinala Gulías, que tamén quixo explicar que o principal motivo para a renuncia, alén desta participación mínima, vén da obriga de subministrar toda a información ao Ministerio de Economía e Facenda de carácter económico e financeiro da Fundación, ao ser Pontevedra o municipio de maior poboación de todos os que conforman a entidade.

Ao ser o municipio con maior poboación, o Concello tiña unha a obriga de subministrar uns requirimentos ao Ministerio de Economía e Facenda que supoñían un traballo extra e custoso a administración local

"Isto non quere dicir que rompamos relacións coa Fundación Montecastrove", fixo fincapé a portavoz. "Entendemos que hai moitos socios e socias que gozan destas instalacións e sempre será positiva que exista un equipamento destas características preto da nosa cidade, por iso non renunciaremos a seguir colaborando puntualmente en propostas de actividades ou difusión, mais esta obriga formal do Ministerio de Economía provoca atrasos nos procesos propios do Concello".

Así, se ben a nivel formal o Concello deixará de formar parte da Fundación, afirma que tentará seguir colaborando na medida do posible coa entidade, polo que non pecha a porta a colaboracións futuras.

Comentarios