O Concello de Pontevedra e Maravallada organizan a segunda edición de ‘Supercantos’

Trátase dunha quedada para cantar masivamente nas prazas cuxos preparativos comezan a vindeira semana

Nin sequera é preciso saber cantar. Para participar nos ‘Supercantos’ abonda coas ganas. A quedada masiva nas prazas de Pontevedra para entoar pezas da tradición oral galega comeza a xermolar tras unha exitosa primeira edición. O punto de chegada desa iniciativa culminará o vindeiro 10 de agosto, xusto antes do inicio das Festas da Peregrina, cando se espera que máis dun milleiro de pontevedreses se concentre nas prazas da cidade para cantar 20 temas do cancioneiro popular galego.

Pero os preparativos para a quedada do verán comezan xa con ensaios en distintos locais da cidade a partir do vindeiro 4 de abril e cunha sesión cada mes ata agosto. "Non hai que pensar que son ensaios aburridos para pasalo ben un só día, a festa xa comeza cos ensaios", explica o integrante de Maravallada, Luis Torres, que presentou no Concello a iniciativa acompañado da edil de Festas, Carme Da Silva e do tamén membro da asociación Manolo Espiño.

►Consiga a información completa coa edición en papel de Diario de Pontevedra deste xoves◄