O Concello de Pontevedra recibe a Amelia Rosa Piñeiro Rey polo seu 100 aniversario

"Aquí se vive muy bien", aseguroulle ao alcalde a homenaxeada
Amelia e familiares co alcalde. CONCELLO DE PONTEVEDRA
photo_camera Amelia e familiares co alcalde. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá de venres na alcaldía a dona Amelia Rosa Piñeiro Rey para felicitala polo seu 100 aniversario. Dona Amelia Rosa Piñeiro Rey amosouse feliz de poder achegarse ata o Concello en compañía dos seus fillos e fillas e mesmo dunha neta que acaba de chegar do Senegal onde traballa como cooperante, e aproveitou para conversar co alcalde sobre como viviu ao longo da súa vida os cambios que experimentou Pontevedra.

Dona Amelia Rosa Piñeiro Rey, aínda que naceu en Barro, considérase pontevedresa posto que foi onde residiu na maior parte da súa vida e onde naceron os seus 5 fillos. Ten ademais 13 netos e netas, e 2 bisnetas. Contoulle ao alcalde que, por estar casada cun militar, percorreu diversas localidades do Estado e que por iso valora a calidade de vida de Pontevedra. "En Pontevedra se vive muy bien" aseguroulle ao alcalde.

Pola súa banda, Fernández Lores trasladoulle o seu desexo de repetir o encontro en todos os seguintes aniversarios.

Comentarios