lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

O Concello de Pontevedra e Serviocio BeOne poñen en marcha o plan #YoEntrenoEnCasa

Una monitora ofreciendo una clase. CONCELLO
Una monitora ofreciendo una clase. CONCELLO
O programa ofrece máis de 300 clases virtuais impartidas por profesionais entre as que se inclúen tonificación, ioga ou pilates

O confinamento decretado polo Goberno central por mor da pandemia do covid-19 arrebatou as súas rutinas de adestramento a moitos cidadáns que viñan practicando actividade física con certa regularidade no seu día a día. Conscientes da importancia que o mantemento dunha boa forma física ten para afrontar esta situación, a Concellería de Deportes e a empresa concesionaria da xestión do Complexo Municipal de Campolongo, o grupo Serviocio BeOne, decidiron poñer en marcha o programa #YoEntrenoEnCasa, que ofrece adestramentos virtuais de xeito gratuíto a tódolos cidadáns que así o desexen.

Deste xeito, os pontevedreses teñen á súa disposición máis de 300 clases virtuais impartidas por profesionais, entre as que se inclúen tonificación, baile, HIIT (High Intensity Interval Training), meditación, ioga ou pilates.

Os interesados en participar nesta iniciativa deben rexistrarse na dirección web www.beone.es/behome e seguir as instrucións: chegaralles á súa bandexa de entrada un correo electrónico coas claves de acceso.

Serviocio BeOne tamén oferta tódolos días clases en directo, gratuítas e en aberto, no seu perfil oficial @beone_fitness_sport, e irá publicando no seu Facebook as gravacións das clases xa emitidas.

Á marxe do lema central de #YoEntrenoEnCasa, estas sesións virtuais levan aos nosos fogares hashtags de ánimo como #JuntosLoConseguiremos ou #TodoIráBien.

Tal e como sinala o concelleiro de Deportes, Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, o obxectivo é que "os cidadáns non se deixen vencer polo tedio e manteñan unha boa forma física e mental, algo se cabe aínda máis necesario nestes días de confinamento". "Somos conscientes de que non resulta nada doado manter a forza de vontade e a determinación para practicar deporte nestas condicións. Este programa de BeOne é unha boa oportunidade para motivarse e manterse activo e en forma dende a casa", subliñou o edil socialista.

O Concello de Pontevedra e Serviocio BeOne poñen en marcha o plan...
Comentarios