O Concello axudará con 400.000 euros aos estudantes para comprar material informático

Os alumnos optarán a unha subvención de entre 350 e 400 euros cada un
Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA
photo_camera Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA

O Concello de Pontevedra está a traballar na posta en marcha unha liña de axudas polo covid. A primeira partida de Supera21 —nome da iniciativa— destinará 400.000 euros a financiar equipos informáticos para escolares, mentres que a segunda irá destinada aos colectivos de comerciantes da vila. 

Os requisitos para optar a estas axudas, pensadas para estudantes de último ciclo de primaria, secundaria, bacharelato e FP, son estar empadroados en Pontevedra e presentar unha factura. Ademais, haberá un límite de ingresos, a partir do cal non se poderá optar á subvención

A portavoz do goberno, Anabel Gulías, explicou que esta convocatoria está pensada "para as persoas que neste confinamento se viron obrigadas a cambiar de hábitos, como os adolescentes ou as crianzas".

Aquelas persoas que tiveron que mercar equipos informáticos desde o principio do estado de alarma optarán á subvención, que será de entre 350 e 400 euros por persoa. 

COMERCIANTES. Gulías explicou tamén que xa mantivo varias reunións cos colectivos de comerciantes e asociacións para perfilar outra liña de axudas. 

Comentarios