O Concello realizará un novo párking preto do Lalín Arena

O Goberno local ocupará un terreo de máis de 7.500 m² paralelo á Avenida Xosé Cuiña. Este uso xa estaba contemplado no PXOM

Vista general del Lalín Arena. ARCHIVO
photo_camera Vista general del Lalín Arena. ARCHIVO

A Xunta do Goberno local de Lalín acaba de aprobar a ocupación directa dun total de 12 parcelas colindantes co Lalín Arena e paralelas á Avenida Xosé Cuiña. Estes terreos, que en total ocupan unha superficie de 7.500 metros cadrados, convertiranse nun futuro nunha zona de estacionamento, actuación que complementará a ampliación da área deportiva no entorno.

A expropiación destes terreos implicará o paso dos mesmos a propiedade municipal para o desenvolvemento dos traballos proxectados. As actuacións nas parcelas, así mesmo, desenvolveranse de xeito paralelo á execución das obras na área do Lalín Arena.

Dita superficie xa estaba contemplada para este uso na planificación do PXOM, polo tanto, tal e como apuntan dende o Concello, "non implicarán ningún tipo de tramitación urbanística".

Un plan especial para o entorno

O Concello de Lalín aprobou en abril do 2023 o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) da 'Ampliación do Sistema Xeral de Equipamento SG-EQ 4 (Área Deportiva Lalín-Arena)', unha ferramenta urbanística para dotar dunha área deportiva e de ocio na parte baixa do Lalín Arena.

Os trámites para este proxecto de ampliación do entorno do polideportivo comenzaron no 2021 coas primeiras xestións para a obtención dos terreos. A finais do 2023, a Xunta de Goberno Local aprobou de forma provisional este plan especial.

Comentarios