lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

O Concello reaxusta os repetidores para a resintonización de canles no rural pontevedrés

A Canicouva será o primeiro lugar onde se realizará a actuación. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
A Canicouva será o primeiro lugar onde se realizará a actuación. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

A adaptación levarase a cabo na madrugada deste sábado na Canicouva e ampliarase proximamente ás parroquias de Xeve e Bora

Na madrugada deste sábado está previsto que se realicen as adaptacións necesarias no repetidor municipal que dá servizo á parroquia da Canicouva para que as vivendas desta área non perdan ningunha canle de TV-TDT por mor do segundo dividendo dixital. En vindeiras fins de semana, e sempre de madrugada para causar as menos molestias posibles, realizaranse os reaxustes nos repetidores municipais que dan servizo ás parroquias de Bora e de Xeve.

Malia que non se trata dunha competencia municipal, o Concello asume a operación de reaxuste nos sues repetidores para facilitar o servizo á veciñanza afectada polo segundo dividendo dixital.

Esta actuación, que consistirá na substitución dos elementos necesarios para a resintonización, terá un investimento de máis de 17.000 euros. Convén lembrar que xa no seu día o Concello asumira a instalación destes tres repetidores co obxecto de mellorar a sinal da recepción e subsanar os problemas de calidade do servizo que viña sufrindo a veciñanza destas zonas do rural pontevedrés.

En total, esta resintonización afectará a 1.482 viviendas e 3.700 veciños e veciñas. En concreto, na parroquia da Canivouva darase servizo a 121 vivendas e 247 veciños, en Bora 329 vivendas e 713 veciños, en Santa María de Xeve 296 vivendas e 804 veciños, en Santo André de Xeve 431 vivendas e 1.045 veciños, e en Verducido 305 vivendas e 891 veciños e veciñas.

SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL. O segundo dividendo dixital, que levará a cabo o Goberno central nos vindeiros meses, implica que a banda de 700 MHz a través da que actualmente se reciben algunhas das canles de televisión TDT, será liberada para que poida ser usada no despregamento do servizo de telefonía móbil 5G. Este proceso será similar ao que xa se realizou en toda a Unión Europea entre finais de 2014 e comezos de 2015 e non vai supoñer, en ningún caso, custos a maiores para particulares.

Tras a operación de reaxuste, cando os e as usuarias perdan o sinal, deberán realizar a operación de resintonización do seu aparato de TV. En concreto mudarán as canles 54 (que pasa á 37) e a 58 (que pasa á 24) que, segundo o caso, afectarán a La 1, La 2, Canal 24 h, Clan TV, TVG, TVG2 e algunhas emisoras de radio.

O Concello reaxusta os repetidores para a resintonización de canles...
Comentarios