O Concello pon en marcha a recuperación do Chalé Fontoira

A segunda e terceira planta do edificio sufriu as consecuencias dun conato de incendio

Chalet Fontoira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Chalet Fontoira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Pontevedra anunciou este xoves que o Chalé de Fontoira volverá a funcionar con normalidade os próximos días. O lugar sufriu un conato de incendio na segunda e terceira planta a consecuencia dun radiador.

Debido a este lume, foi necesario realoxar parte dos Servizos Sociais na Casazul.

O Concello detallou que os traballos consistirán no pintado das dúas plantas, a substitución do chan nos lugares onde sufriu máis as consecuencias do incendio, o lacado das portas damnificadas e o cambio de radiadores.

Aínda que o conato se produciu na segunda planta, tamén a terceira se viu afectada, de aí o traslado dos traballadores de forma temporal, mentres se realizan os traballos de recuperación.

Comentarios