O Concello revisará os sinais verticais para retirar os obsoletos e evitar redundancias

O Goberno local tamén retomará o plan de pintado das vías municipais

Sinais verticais na avenida Raíña Vitoria. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Sinais verticais na avenida Raíña Vitoria. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Pontevedra anunciou este martes a intención de retomar o plan de pintado das vías municipais da cidade –que quedou suspendido temporalmente coa chegada do inverno e as chuvias– e, ademais, a realización dun inventario de toda a sinalización vertical da cidade.

A intención deste segundo plan é a de coñecer o estado dos sinais da Boa Vila para tomar a decisión de ampliar o seu número ou reducilo se fose necesario, así como o de substituir aqueles que queden obsoletos por uns novos.

O Goberno local estima que na actualidade existen arredor de 4.000 sinais de tráfico, sen contar as 1.500 placas de vaos que o propio Concello está a colocar nas entradas de carruaxes.

Tamén se buscará reforzar a sinalización dos pasos de peóns, tanto en horizontal como e vertical, e estudar a sinalización direccional tanto de saída da cidade como de entrada.

Todo este traballo correrá a cargo da empresa adxudicataria do servizo de mantemento da sinalización horizontal e vertical da cidade, API Mobilidade S.L.

PINTADO. En canto ao pintado que tivo que suspenderse pola chegada das chuvias propias do inverno, o Concello retomará ao longo do ano –sempre que o tempo o permita– os traballos no 30% das vías pontevedresas que quedaron sen repasar ni inicio dos traballos.

Terán un trato especial os pasos de peóns e farase unha actuación integral nos barrios como o Burgo, Monte Porreiro, Ponte Muíños e Valdecorvos.

Comentarios