Jueves. 27.06.2019 |
El tiempo
Jueves. 27.06.2019
El tiempo

O Concello saca a licitación un novo contrato anual de subministro eléctrico

Alumbrado de Pontevedra. RAFA FARIÑA
Alumbrado de Pontevedra. RAFA FARIÑA

Abrangue o servizo de 2/3 partes do consumo: iluminación pública, dependencias municipais, colexios, instalacións deportivas

O Concello de Pontevedra vén de sacar a contratación o subministro de enerxía eléctrica cun prezo de licitación de 1.549.768 euros. O novo contrato terá unha vixencia dun ano cunha posíbel prórroga dun ano máis.

O contrato, lembrou o portavoz do Goberno local, Raimundo González, abrangue o subministro de 2/3 partes do consumo de enerxía eléctrica do concello: alumeado público, dependencias municipais, colexios, instalacións deportivas… quedando fóra os servizos de menos de 10 kw/hora.

Para os pequenos consumos “estamos acollidos ao PVPC (prezo voluntario do pequeno consumidor)” explicou Raimundo González, quen situou neste apartado, por exemplo a iluminación da traseira do Museo: 1.078 kw/ano.

Este é o consumo máis cativo, sinalou o portavoz do Goberno local, quen situou no extremo contrario ao Pazo da Cultura, o maior consumidor, con 485.178 kw ao ano. As empresas interesadas en concorrer ao contrato de subministro de enerxía eléctrica teñen por diante un prazo de 35 días hábiles para presentar as súas ofertas.

O Concello saca a licitación un novo contrato anual de subministro...
Comentarios