O Concello súmase á mobilización do día 17 polo idioma ante uns "datos arrepiantes"

Lores participa no chamamento a manifestarse que Queremos Galego realiza xunto A Mesa e CIG en Pontevedra
Marcos Conde, Miguel Anxo Fernández, Sabela Bará e Marcos Maceira, no Museo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Marcos Conde (CIG), Miguel Anxo Fernández, Sabela Bará (Queremos galego) e Marcos Maceira (A Mesa), no Museo. GONZALO GARCÍA

O Concello de Pontevedra, a través do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, sumouse este venres á chamada a participar na mobilización polo idioma, prevista para o 17 de maio en Santiago de Compostela, ante uns "datos arrepiantes" en canto ao uso da lingua galega. Así o manifestou Lores nun acto da plataforma Queremos Galego, A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG, no Museo, no que se lembrou que nas escolas infantiles das cidades galegas só se usa o idioma propio nun 8% dos casos, e que as contratacións de seguros en galego non chegan ao 1%, mesma porcentaxe de uso no ámbito da xudicatura.

O presidente de A Mesa, Marcos Maceira, referiuse de xeito específico á discriminación que sofre o idioma no ámbito audiovisual. "O galego só está presente no 0,5% das series e películas que se ofrecen nas distintas plataformas", explicou, ao tempo que falou dos perigos que a institución percibe na nova lei audiovisual, "que prevé incorporar ao español só algunha lingua cooficial, polo que o galego corre o perigo de quedar fóra".

Nas escolas infantiles das cidades galegas só se usa o idioma propio nun 8% dos casos. As contratacións de seguros en galego non chegan ao 1%, mesma porcentaxe de uso no ámbito da xudicatura. Na oferta das plataformas

Para Maceira, "isto é un insulto á sociedade galega, que quero lembrar que en plena pandemia puxo en marcha a Iniciativa Xabarín, na que se reivindicaban contidos específicos en galego para as crianzas, respaldada por máis de 30.000 sinaturas e aprobada por unanimidade no Parlamento galego". E rematou: "Non podemos consentir este insulto e este desprezo, Os dereitos lingüísticos deben ser os mesmos para todos".

Ademais de calificar de arrepiantes os datos facilitados por A Mesa, Lores chamou a mobilizarse o 17 de maio porque "detrás de todo isto, eu vexo tamén moita esperanza".

Comentarios