martes. 02.03.2021 |
El tiempo
martes. 02.03.2021
El tiempo

O Concello suspende as actividades do Ganapán

Unha das actividades desenvolvidas no Ganapán, o pasado mes de setembro. RAFA FARIÑA
Unha das actividades desenvolvidas no Ganapán, o pasado mes de setembro. RAFA FARIÑA
Yoya Blanco tomou esta decisión ante o agravamento da actual situación da pandemia

A concellería de Promoción Económica, dirixida pola socialista Yoya Blanco, anunciou este martes a cancelación das actividades do programa de lecer infantil O Ganapán que se veñen desenvolvendo no Mercado de Abastos de Pontevedra.

A edil socialista entende que "aínda que as actividades se viñan realizando en grupos moi reducidos, de 5 rapaces, e coas máximas medidas de seguridade, o contexto é o suficientemente preocupante como para que poidamos permitirnos o menor risco". "O Ganapán volverá cando se poida", avanza Blanco.

As actividades desta edición do Ganapán comenzaron o pasado sábado.

O Concello suspende as actividades do Ganapán
Comentarios
ç