miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

O Concello ultima as obras do parking de bordo de Valdecorvos

O concelleiro, visitando este mércores o aparcamento. GONZALO GARCÍA
O concelleiro, visitando este mércores o aparcamento. GONZALO GARCÍA
O espazo terá capacidade para uns 60 coches aproximadamente e estará rematado en cuestión de semanas, cando a chuvia permita facer os traballos de asfaltado e pintado

O aparcamento disuasorio municipal de Valdecorvos, ubicado entre as rúas Prado Novo e das Fragas, ultima estes días as súas obras a cargo da empresa EC Casas. O concelleiro de Mobilidade e Obras, Demetrio Gómez, visitou este mércores o lugar para ver a evolución das obras, cuxa situación coñeceu da man dos responsables da obra.

Do mesmo xeito, Gómez Xunqueira adiantou que estas están practicamente rematadas, á espera de que a chuvia permita levar a cabo os traballos de asfaltado. "Para poder facelo, o xabre que se botou ten que secar durante sete ou dez días nos que non chova", explicaba na mañá do mércores o concelleiro. Neste caso, a zona permite acometer o asfaltado do terreo ao non situarse en terreos da Dirección Xeral de Costas, como en zonas máis próximas ao río.

Segundo explicou o concelleiro, está previsto que o estacionamento conte cunhas 60 prazas para aparcar. "Sobre o plano están delimitadas 53 prazas, pero unha vez que se leve a cabo o pintado pode facerse oco para algunha máis, segundo as experiencias previas que temos", contou o concelleiro. A obra ten un orzamento de 48.000 euros e tiña un prazo de execución de catro meses dende finais do mes de setembro, cando se deu inicio ás obras.

A instalación deste estacionamento foi unha petición dos comerciantes da zona Leste da cidade e completa "a carencia de aparcamento que tiñamos pola zona". O parking terá dúas plataformas, en dúas alturas, para aproveitar o desnivel que tiña o terreo.

Do mesmo xeito, a entrada será pola rúa do Campo Novo e a saída pola rúa das Fragas, para conectar directamente con Loureiro Crespo. "Esta é unha zona que ten moita presión de aparcamento e era necesario un espazo deste tipo, tanto os pontevedreses como as persoas que nos visitan saben que aquí empregamos aparcamentos de bordo coma esta", explicou Demetrio Gómez.

A infraestructura vén sumarse a outros doutras zonas da cidade como os situados no recinto feiral e no Pazo, á beira do río ou en Corvaceiras.

O Concello ultima as obras do parking de bordo de Valdecorvos
Comentarios