Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Nove concellos inician esta semana 16 obradoiros do 'Depo en Marcha'

Unha reunión da Asociación Veciñal Santo Paio de Campañó. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Unha reunión da Asociación Veciñal Santo Paio de Campañó. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Asociación Santo Paio de Campañó acollerá o ciclo 'Conservando a memoria'

Ao longo desta semana preto de 280 persoas comezarán en nove concellos da provincia un total de dezaseis novos obradoiros enmarcados no programa Depo en Marcha 2018, iniciativa encamiñada a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores a través de actividades formativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida.

Na comarca de Pontevedra, a Asociación Veciñal Santo Paio de Campañó acollerá o obradoiro Conservando a memoria, no que hai inscritas 24 persoas, e que se vai impartir todos os martes, de 16.30 a 18.30 horas, ata o vindeiro 18 de decembro.

Pola súa banda, na comarca do Salnés darán comezo esta semana tres novos obradoiros nos concellos de Sanxenxo e de Vilagarcía. No primeiro, Tapiñas e petiscos é o obradoiro que organiza o Club de Persoas Xubiladas e Pensionistas de Portonovo, no que van tomar parte preto de 20 persoas todos os mércores, de 19.00 a 22.00 horas, ata o vindeiro 14 de novembro. A Asociación Emilia Pardo Bazán tratará de Restauración de Mobles e Tapicería todos os venres, de 17 a 20 horas, ata o 23 de novembro, e para o que hai inscritas preto de 20 persoas. No concello de Vilagarcía, 15 persoas da Asociación Malveiras farán Ioga todos os venres, de 20.30 a 21.30 horas, ata o 29 de decembro.

No Morrazo, en Cangas comeza o próximo mércores unha actividade de Risoterapia na Asociación Veciñal Terra da Laxe de Pinténs, que vai desenvolverse todos os mércores, de 17 a 19 horas, ata o 19 de decembro, e ao que van asistir 15 persoas.

Máis polo miúdo, na comarca de Vigo iniciaranse sete obradoiros. Na cidade olívica darán comezo catro cursos ao longo da vindeira semana, na Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Helios (Conservando a Memoria), na Asociación Veciñal Emilio Crespo de Navia (Cociña Galega), na Asociación Veciñal Praza da Miñoca haberá un de Restauración de mobles e tapicería todos os xoves, de 10:00 a 12:00 horas, ata o próximo 20 de decembro e na Asociación da Terceira Idade Garatuxa As nosas rúas realizarán o curso de Arte con flores unhas 16 persoas todos os venres, de 10:00 a 12:00 horas, ata o vindeiro 21 de decembro.

Nove concellos inician esta semana 16 obradoiros do 'Depo en Marcha'
Comentarios